The Project Manuel Rodríguez López
MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, a dicir de Méndez Ferrín na súa tese “De Pondal a Novoneyra”, é o máis importante poeta obreiro da Galicia da segunda metade do século XX.
Nado en Paradela, moi neno foi cos seus pais para a emigración, e alí –Galego en Catalunya- desenvolveu unha moi importante carreira literaria que culminou na súa etapa lucense ata o seu pasamento o 13 de febreiro de 1990. O Concello de Paradela teno nomeado “Fillo Predilecto”, e para el preténdese a dedicación do “Día das Letras Galegas” para 2014 (80 anos do seu nacemento) ou 2015 (25 anos da súa morte).
GaliciaDigital está a promover unha campaña de difusión da vida e obra de Manuel Rodríguez López, que conta cos seguintes apoios:
- Familia de Manuel Rodríguez López
- Concello de Paradela
- Concello de Lugo
- Deputación Provincial de Lugo – Vicepresidencia
- Xunta de Galicia - Secretaría Xeral de Política Lingüística
A Campaña vai constar das seguintes accións:
2012 | Portal web (www.manuelrodriguezlopez.org) que recollerá a obra completa do autor e o máis salientable da súa existencia |
2013 | Versión do portal web en catalán Folleto informativo Exposición Itinerante Campaña de difusión en Internet Campaña en Internet e difusión por Galicia. |
2014/2015 | Publicación da obra completa de Manuel Rodríguez López DVD homenaxe Exposición Itinerante e Campaña informativa con Oficina Itinerante |