Vés al contingut

Poemas Adicados a MRL

NA AGRADECIDA LEMBRANZA

¡Abondarán as palabras!
amigo, para dicirche
-hoxe
novamente entalados
nas mesmas dores
numerosas de noutrora-
que che debo una anaco
do amor á Terra profesado
e agradecercho non sei.
¡Se abondaran as palabras!.
Antígome namais un pouco
e recupero,
do cofre das lembranzas,
a túa voz, xa na Patria,
sosegada e correndo espida
entre os ventos ventureiros
que espallan os outonos.
Abondarán as palabras,
vello amigo,
¡...se as palabras abondaran!.

Baldomero Iglesias Dobarrio (MERO)
(na lembranza de Manuel Rodríguez López)

 

MANUEL RODRIGUEZ LOPEZ (In memorian)

Manolo, Irmán,
que nos deixaches
os teus poemas,
a tua verba,
a túa man.
Xa escrito en pedra
debería estar,
aquel teu libro,
aqueles versos,
sempre tan fondos,
sempre tan tenros
e musicales,
que cando lemos
brinca na alma
algo moi ledo
i as pernas tolas
queren ruada,
queren bailar.
I a túa prosa,
tan ben coidada,
co termo exacto,
palabra clara,
sempre unha imaxe
daquela crónica.
I a inocencia do pobo chan,
a retranca daquela xente,
xente de aldea,
do que é un pobo,
do que é a Patria.
Patria Galega,
asoballada polos caciques
que sempre perto
dos gañanciales, pagan soldada.
“Soldada Mínima”
ós bos obreiros
que somos todos
os que vivimos no “Gran Bulleiro”,
na gran cidade,
na emigración.

ALFREDO GONZÁLEZ VILELA


O MEU BO AMIGO MANUEL ORESTE RODRIGUEZ LOPEZ: ESCRITOR E POETA DE PARADELA - IN MEMORIAM

Ai Manolo, meu amigo,
Poeta de Paradela,
Aquí estamos teus amigos
Para facer unha festa.

Unha festa da cultura
Que recorde o teu andar,
Teus poemas, teus artigos,
Tua maneira de pensar.

Dende arriba, alá no ceo,
Noso amigo podes ver,
Que ainda que pasan os anos
Tua memoria non morreu.

Forma parte destas vidas,
Acompaña o noso andar,
Está dentro destes peitos,
E por sempre ha de estar.

Corredoiras desta terra,
Que te viron camiñar,
Unha historia de labregos,
Un contiño que contar.

Emigrante en terra allea,
Con seis anos vas alá,
Tan pequeno vas o encontro
Vas o encontro da tua nai.

A inocencia dun pequeño,
Ilusions e moito amor,
Nace dentro do teu peito
Una forte vocación.

Vocación pro ben alleo,
Un profeta da igualdade,
Millorando a tua xente,
Con traballo e caridade.

Loitador en tempos mozos,
Coa tua verba como espada,
Convenios e horas extras
Milloran a crase obreira.

Tes un regalo divino,
Unha dona que unha santa,
O teu carón, sempre musa,
De dozura e de esperanza.

Vas e voltas do traballo,
Sempre coa pruma na man,
Escribes do mundo obreiro,
I o que e pobre e teu irmán.

Nace Enrique e logo Santi,
Xa eres un pai feliz,
¡Quén diría meu amigo
Que a vida sería así!

No outo barrio de Vallcarca,
Pertiño do parque Güell,
Tes o teu nido querido,
Tes o teu nido Manuel.

Fuches cronista galego,
Dos eventos que se fán,
Dunha Galicia emigrante,
Dos que veñen, dos que van.

Socio do Centro Galego,
Bibliotecario de ben.
Da gosto ver os teu libros,
Expostos alí tamén.

Dous libros coa nosa historia,
Dous libros co seu primor,
Galegos en Catalunya,
Tomo un e tomo dous.

Atlántida e Anxel Fole,
Volta a España, Vivencial
Obras son da tua pruma,
Compendios do teu pensar,
Son parte das nosas vidas
E loita do noso andar.

O día que nos deixaches,
Perdemos un bo amigo,
I agora coa tua obra,
Voltamos a estar contigo.

Manolo despois duns anos,
Non hai cambios importantes,
Pero xa non temos loita,
I os obreiros non son de antes.

Hai direita i hai ezqerda,
Partes das duas Españas,
Que quedando pouco dela,
Vive por sempre en campaña.

Invasión dos sin papeles,
Fame no terceiro mundo,
En cayucos a Canarias,
Moitos perden o seu rumbo.

Atentados na cidade,
Morren duascentas persoas,
I o petroleiro Prestige,
Emerdando as nosas costas.

Os vascos i os catalans,
Coma sempre piden máis,
Estatuto moi completo,
Independencia total.

Por cabreo ou por loucura,
Quéimase o monte galego,
E millor pensar que a sorte
Non é cousa deste xogo.

E namentras diputados,
Que viven noutra galaxia,
Discuten e mais discuten,
Sen dar xeito a ista desgracia.

Pouco queda Manoliño,
Deste pobo e patria unidos,
O fruto da democracia,
Libera destes cumplidos.

Democracia que separe,
¡Diola teña ben aló!,
Nos queremos unidade,
Democracia con amor.

Fora a dereita e a ezquerda,
Si todos somos irmans,
Todos uns por a millora,
Por a millora social.

I o teu povo, meu amigo,
Progresou moito abofé,
Que ben marcache o seu rumbo,
Na cultura e no saber.

Paradela i o Concello,
Recordando a tua obra,
Ten concurso de poetas,
Co teu nome, a tua honra.

Sigamos todos unidos,
O carón do teu saber,
Os que fomos teus amigos,
Non te vamos esquecer.

E dentro dun ano xuntos,
Co teu recordo millor,
Será festa en Paradela,
do teu nome, o teu honor.

Alfredo González Vilela
Barcelona, 2006

 

Manuel (30-11-2011)
(Ao poeta Manuel Rodríguez López)

Vira a herba, vira a rosa;
vira a arboriña sen nome.
Vira o loureiro secreto.
Vira Andreade e a mimosa.
Vira o Camiño da Costa.
Vira o sino do silencio.
Vira, nun mirar, o tempo.
Vira a lúa. Vira o vento.
Vira todo o firmamento.
Para oir o teu cantar!

Vira o serán descosido
Vira o aire entremetido.
Vira a tarde nun suspiro.
Viran as augas do río.
Vírase, en mornura, o frío.
Vira a brisa nun virar.
Víranse as follas no outono,
víranse os carballos longos
ao ritmo do teu cantar.

Viran os amendoeiros.
Vira o desfeito caneiro.
Víranse os terróns dos prados.
Viran, por turno, os salgueiros.
Viran, vermellos, os sargos.

No teu cadencial cantar
vai Paradela en tenrura
abrazada a trinta pelgos
de doncel doce frescura.

Ao compás do teu cantar
vírase O Miño, en verdura,
co desliz de lodo e ferro,
co adozo da treixadura.

Por escoitar teu cantar
vírase o tempo do tempo...
Quixera verte un momento,
para terte, nun mirar.

...Estás na verea alta!
Na senda da tua aurora!
Eu trato de me ir conmigo
no teu camiño de volta,
co corazón a deshora             
e sangue que me convoca!.

Marcial González Vigo
Accésit de Poesía na XVII Edición do Certame Manuel Oreste de Paradela

 

Manuel Oreste Rodríguez López: O Poeta de Paradela, home bo e xeneroso

Meu pai, lonxano mais sempre presente,
Acarón do teu esprito inmortal
Nace día a día da túa semente
Un maxisterio humilde sen igoal.
Existes entre nós na túa obra
Loubada, estudiada, traducida
Onde a Soldada Mínima e o manobra
Riman porfiando a estrofa medida.
E no taller faste soneto vivo
Sabedor de que a mensaxe herdada
Ten un significado emotivo.
Eres lume ardente, denunciador.
Rompes, coa túa verba inspirada,
Oinxusto, o cacique, o traidor.
Diáspora, terra e emigración
Resoan na túa alma con dor
Igoal que a túa desesperación,
Galego en Catalunya soñador.
Utopía é palabra valeira.
Exemplo deixache escrito e falado:
Zorrega ó cacique que rouba a leira!
Louva ó emigrante exiliado!
Onte vivencial sempre perdurado
Poesía, narrativa, mensaxe…
Estoupan cal foguete encarnado
Zoando ou calado, sempre xunguido
Opulso intenso da eterna romaxe
Polo pobo galego emprendido.
Onde atopar a poesía amosas,
Escribes crónicas de xornais vivas,
Traduces obras catalanas nosas,
A Fole en viaxes estivais avivas.
De volta á túa Galicia ideal
En Lugo e na súa historia cismas.
Paradela, a túa amada capital
Abrázate con calurosas rimas.
Reencontro coa túa soñada terra
Anceiado retorno á túa mesa
Dando gracias a túa alma se aferra.
Emigras para sempre sen apegos,
Lumieira vital por sempre acesa
Acesa sempre no ceo dos galegos!
Home bo e xeneroso te chaman
O deixarnos orfos da túa presencia.
Mar e montaña xunguidos declaman
Estrofas tristeiras pola túa ausencia.
Barcelona, Lugo e Paradela
Ondean bandeiras de dor e loito
Eos teus amigos forman a rodela
Xunguidos polo teu recordo moito.
Empezan as sinceiras homenaxes
No teu concello natal se encetan
Eseguen tras vinte anos as romaxes
Recordándote e sempre honrándote.
Os teus libros nas nosas portas petan,
Sabia que ti nos deixaches guiándote
O parnaso elexido inmortal.

Santiago Rodríguez López
Bristol, 22 Xuño 2012
Acróstico de catro sonetos. As primeiras letras de cada verso compoñen o título do poema.