Vés al contingut

Eu persoalmente coñecín a Manolo e entrei no seu círculo de amigos só nos últimos anos da súa vida con residencia aquí en Lugo. Pero xa moito antes sabía de el e das súas singulares cualidades de poeta e de polifacético escritor, especialmente porque en repetidas ocasións fora amplamente informado diso polo seu gran amigo e tamén, coma el veciño de Paradela, Don Xesús Mato Mato, o meu compañeiro de curso en toda a nosa carreira sacerdotal. Esta convivencia foi moi continuada despois en moitas reunións fraternais e en non poucas actividades culturais.