Vés al contingut

Manolo sempre foi fiel ao verbo galego. Os dous alimentamos coherencia proletaria, discurso de fábrica desde diversas perspectivas, el era mais pacífico, eu mais contundente e radical. Pese a isto podemos entendernos dialecticamente. Coido que a concordia e a esperanza déronlle forma, tanto no ser como no estar. Naqueles anos setenta, de loitas e convulsións políticas, onde os obreiros metalúrxicos tivemos un protagonismo constante, Manolo escribe o poemario: Soldada Mínima. Na dedicatoria que acompañaba ao libro que me ofreceu, salientou: Para o meu bon amigo, poeta e escritor, Xosé Lois García, que tanto sabe da problemática obreira que estamos a sufrir na Gran Cidá. Tanto os seus poemas como esta dedicatoria, expresan boa parte dese caudal proletario que sempre o acompañou.