Ir o contido principal

Gracias a Manolo tamén somos moitos os que puidemos descubrir ou facer medrar o amor a esta terra nosa, xa que el foi deses galegos na diáspora que non deixou de amar a súa terra de orixe, e aínda estou por dicir que o contacto con Cataluña fíxolle amar máis a Galicia como lles pasou a moitos máis galegos; pero o amor xa o levaban dentro.

Manolo Rodríguez, ou Manuel Oreste, como gustaba de asinar os seus escritos, aínda estando lonxe, mantivo ben afincadas as raíces na súa Paradela e así puido manter tamén ben conxuntada a súa identidade e dar froitos aló que conservaban o bo sabor e o arrecendo dos de aquí.