Ir o contido principal

O seu mundo está dominado por unha nota nostálxico-evocativa da matria da infacia e da adolescencia, unha nota ético-condenatoria da inxusticia social que rexe na súa vida -esprotación do traballo, condena emigratoria, despotismo cínico dos privilexiados, etc., etc,-, e máis unha nota de noxo e refugamento da escravitude corruptora que se acobilla na urbe supercivilizada. Todas elas redúcense a unha: a afirmación da dignidade do home. O noso poeta protesta cos seus versos contra un mundo desalmado no que se abafa constantemente esa dignidade.

Mérito destacado de Rodríguez López é o seu espléndido galego, sinxelo, vivo e de gran riqueza espresiva.