Ir o contido principal

Lembrarei sempre de Manolo a súa amistade, e a súa ilusión. Ilusión pola que viaxou por toda Galicia con Fole e con Benxamín Andrade para que o vello e xenial escritor recorrese o país. Ilusión coa que fixo a versión ó galego da Atlántida de Verdaguer… Ilusión que puxo en conseguir –e consigueuno- en que a cidade de Lugo lle fixese xusticia a Narciso Peinado e a Anxel Fole. Preocupouse sempre polos demais, nunca por si mesmo. Onte, os informadores lucenses declarárono “Lucense do Ano”. Coa nosa presencia aquí, hoxe, declarámolo Amigo, Bon Home… Descansa en paz, Manolo, amigo, bon home, xeneroso, galego de honra… Excelentísimo… verdadeiramente Excelentísimo e Señor.